Thursday 02 de May de 2024

CLESA volve a apoiar o baloncesto feminino da man do BAXI Ferrol


• A marca galega patrocinará o histórico encontro deste sábado, 20 de abril, no que o BAXI Ferrol loitará por unha praza no play off polo título da Liga Feminina Endesa

CLESA retoma o seu apoio ao Baxi Ferrol no momento no que o equipo feminino xógase o seu regreso a elite do baloncesto español. A tan só unha vitoria de entrar no play off polo Título de Liga Feminina Endesa, o Baxi Ferrol xogará mañá o seu partido decisivo co Movistar Estudiantes en A Malata. CLESA, na súa aposta polo deporte feminino galego, acompañará ao Baxi Ferrol neste partido decisivo de mañá sábado 20 de abril ás 18:00 horas. Como explicou o seu presidente, Santiago Rey, que “unha empresa galega pense en nós é moi positivo”. Neste sentido o presidente do club espera que “este principio de acordo continúe para a vindeira temporada e no futuro próximo”.
Con esta campaña, CLESA retoma o seu compromiso co baloncesto ferrolán, patrocinando o BAXI Ferrol feminino como fixera no seu momento co OAR Ferrol, club fundador da ACB, e que viviu os seus mellores capítulos da súa historia baixo o patrocinio desta empresa, integrada na cooperativa rural galega CLUN.
O logotipo de CLESA estará visible nas pantallas led a pe de campo e durante o descanso do encontro e tempos mortos sortearanse produtos da marca galega entre o público asistente: iogures, leite, xelatinas. “Este tipo de acordo con CLESA é moi imporante no desenvolvemento dos partidos locais, porque permítenos interactuar co público a través de produtos galegos de grande calidade e para desfrutar en familia”, engade Santiago Rey. Un patrocinio que se repetirá nos partidos como local, no caso de que o BAXI Ferrol gañe o partido e se clasifique para os play off.
Impulsando o deporte tamén nos máis pequenos
Co obxectivo de fomentar o deporte e unha alimentación saudable dende as idades temperás, CLESA organizou esta semana un encontro entre tres xogadoras do BAXI Ferrol e os nenos e nenas dos colexios ferroláns Compañía de María e Saturnino Montojo. “Este tipo de actividades de fomento do deporte base entre as nenas para o noso club é fundamental e CLESA é a parella idónea para nós”, asegura o presidente do clube ferrolán.
Por iso, as deportistas de BAXI Ferrol e CLESA repartiron autógrafos e exemplares do libro “Da granxa á merenda”, editado por CLUN no marco das súas accións de responsabilidade social empresarial e do seu compromiso coa protección e o fomento do uso da lingua galega. Despois, as xogadoras trasladáronse aos polideportivos dos centros escolares para facer o que máis lles gusta xogar ao baloncesto e introducir aos nenos na práctica deste deporte. E, como no podía ser doutra maneira, despois recuperaron todos xuntos forza e compartiron petits de CLESA.

Deja un comentario